Alejo Diz Jurado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1885 Tui, España |
Morte | 30 de outubro de 1936 (51 anos) Tui, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Tui | |
1931 – 1931 – Benito Pérez Álvarez → | |
Alcalde de Tui | |
1918 – 1922 ← Servando Albuerne Menéndez-Conde | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, médico |
Alejo Diz Jurado, nado en Tui o 23 de setembro de 1885 e finado na mesma vila o 30 de outubro de 1936, foi médico e político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dos comerciantes Ignacio Diz e Gerarda Jurado, estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos, na Guarda. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o efémero semanario político satírico La Tetera,[2] no que asinaba co pseudónimo Criticón B.[1] Con este mesmo pseudónimo asinou as crónicas "De una ciudad del Miño", publicadas en La Raza de Pontevedra. Foi alcalde de Tui entre 1918 e 1922. Coa proclamación da Segunda República volveu ser alcalde de Tui en 1931. Afiliouse a Izquierda Republicana. En 1934 estivo en Dinamarca para investigar os sistemas de aseguramento sanitario en Centroeuropa e así valorar as posibilidades de implantación en España.[3]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Vigo o 13 de outubro de 1936 acusado de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui, con Darío Álvarez Limeses.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1915 con Concepción Rodríguez Caballero, coa que tivo seis fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Bugarín González, Rosendo e Bugarín Diz, Carmen (2015). "Alejo Diz Jurado, médico tudense, impulsor do seguro de enfermidade" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 21: 74–76.
- ↑ 2,0 2,1 Álvarez Blázquez, Darío (2005). "Diz jurado, Alejo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ "Para estudiar la implantación del seguro de socorro por enfermedad" La Vanguardia, 12/7/1934 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejo Diz Jurado |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.
- Simón Lorda, David (2005) "Médicos represaliados en el Franquismo: Ourense y Galicia (1936-1959)"
- Simón Lorda, David (2012). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): Galenos de Galicia: Guerra Civil e represión polo franquismo" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 84–90.
Predecesor: Servando Albuerne Menéndez-Conde |
Alcalde de Tui 1918 - 1922 |
Sucesor: Venancio Lorenzo Álvarez |
Predecesor: Francisco Baquero Pérez |
Alcalde de Tui 1931 |
Sucesor: Benito Pérez Álvarez |